Se muestran los artículos pertenecientes al tema Libros.
14/12/2006
"Libro aberto"
O programa "Libro aberto" da TVG é un espazo no que cada semana nos presentan novidades da literatura. O lamentábel é o horario no que se emite que fai case imposíbel velo. No mes de novembro entrevistaron ao responsábel da Editora Rinoceronte. Rinoceronte é un proxecto moi interesante non só pola importancia de traduciren ao galego obras universais contemporáneas senón tamén por editar uns libros moi coidados tipograficamente.


