Se muestran los artículos pertenecientes al tema ENL.
18/05/2007
ANDAINA 2007
Dentro das diferentes actividades que realizamos para celebrar o Día das Letras destaca a Andaina. A Andaina é unha actividade na que participa toda a comunidade educativa. Este ano realizouse o 16 de maio e fomos até Castrelo do Val. Alí, en plena natureza, o alumnado realizou un recital das poesías máis representativas de María Mariño, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras. Despois para rematar a xornada participamos en diferentes xogos.16/05/2007
PREMIO DE MELLOR PANCARTA DO CORRELINGUA

O 9 de maio o alumnado de 1º de bacharelato participou no Correlingua en Ourense. Esta actividade é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Cada grupo elaborou unha pancarta onde había referencias á situación do galego e reivindicábase o seu uso. unha delas, a elaborada polo alumnado de 1ºC resultou gañadora do concurso de pancartas. O lema era: "A nosa maxia, a nosa lingua. Galegade con nós" onde se transmite a idea do uso da lingua galega como sinal de identidade.
Pola tarde realizamos unha visita á Casa Museo de Otero Pedraio, en Trasalba.
14/03/2007
O CONTACONTOS, CELSO SANMARTÍN ESTARÁ NO IES GARCÍA BARBÓN O 20 DE ABRIL
Dentro do proxecto de Ponte nas ondas no que participa o noso instituto unha das actividades é a presenza dun contacontos. Celso Sanmartín transmitiralle ao alumnado as técnicas e os recursos dos contos e das narracións tradicionais, o léxico, os temas e os rexistros da literatura oral.
06/01/2007
Kiko da Silva no IES García Barbón
O pasado venres 26 de xaneiro o autor de banda deseñada Kiko da Silva estivo no noso centro. Fixo un percorrido pola evolución da banda deseñada. É importante que a lingua galega estea presente na banda deseñada sobre todo porque sería unha maneira de achegar o galego á xente nova. Mostrounos as súas grandes habilidades no debuxo.22/12/2006
Premios literarios do IES García Barbón

O Concurso literario que organizou o Equipo de Normalización Lingüística do IES García Barbón xa ten gañadoras. Nesta ocasión, de todas as persoas que presentaron relatos ou poesías, as alumnas que levaron o primeiro e segundo premio son Noelia Salgueiro López e Beatriz Losada Veiga, as dúas estudantes de 2º de bacharelato.
O xurado á hora de tomar a decisión valorou que o relato gañador do primeiro premio "Finisterrae" de Noelia Salgueiro López posuía unha gran riqueza lingüística. Velaquí
O relato "Galicia morreu", segundo premio literario, de Beatriz Losada Veiga caracterízase por un gran sentimentalismo ante os problemas actuais. Velaquí
14/12/2006
Correlingua 2007
Recollida da tradición oral
Toda a información sobre o concurso de recollida da tradición oral e sobre o proxecto Ponte nas ondas. Parécenos unha idea moi interesante que vai contribuír á conservación do noso patrimonio inmaterial. Ademais na zona de Verín moitas das historias e contos que a xente máis vella conta teñen que ver coa relación entre os galegos e os portugueses. A tradición é fundamental para calquera pobo por iso debemos facer todo o posíbel por conservala.
Toda a información sobre o 

