Se muestran los artículos pertenecientes al tema Cultura.

04/05/2007

NOELIA SALGUEIRO 2º PREMIO DE NARRACIÓN DOS XXXV PREMIOS MINERVA

20070516231800-entrega-premios-minerva-014.jpg
04/05/2007 12:26 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura Hay 1 comentario.

21/03/2007

IMAXE DE POETAS

20070321202252-cartel.jpgA Asociación de Escritores en Lingua Galega presentou hoxe coincidindo co Día Mundial da Poesía unha campaña coa que pretenden divulgar a imaxe de poetas galegas/os. 
21/03/2007 20:22 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura Hay 1 comentario.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2007

20070321194707-manifesto.jpgO 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía. O escritor Fran Alonso fixo un manifesto no que recolle 5 motivos para ler poesía. Desde aquí querémosvos animar á lectura de poesía galega durante todo o ano. 
21/03/2007 19:47 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura No hay comentarios. Comentar.

MARÍA MARIÑO, LETRAS GALEGAS 2007

20070321192242-images.jpgMaría Mariño Carou (Noia, 1907-Parada do Courel,1967). En vida publicou unha única obra Palabra no tempo (1963). O poemario Verba que comeza publicouse postumamente en 1990. A súa poética caracterízase por unha temática intimista e unha linguaxe rupturista. O feito de dedicarlle este ano o Día das Letras Galegas fai que coñezamos mellor esta figura da literatura galega en parte ignorada até o momento. Son moitas as entidades que teñen apartados dedicados á autora homenaxeada. Na Biblioteca Virtual Galega podemos coñecer máis sobre a súa vida e a súa obra.
21/03/2007 19:22 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura Hay 1 comentario.

31/01/2007

Música galega

20070304134117-cunchas.jpg

A Consellaría de Cultura e Deporte creou unha plataforma para coñecer e difundir a creación de música galega no exterior. Nesta páxina de Internet podedes buscar todos os grupos de música. Chámase Galician tunes .

31/01/2007 19:25 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura No hay comentarios. Comentar.

06/01/2007

De profundis, de Miguelanxo Prado

20070106162415-de-profundis.jpg

Esta longametraxe é a primeira que dirixe Miguelanxo Prado e que conta coa música de Nani García. Estréase o 19 de xaneiro. Unha casa no medio do mar está ateigada de obxectos relacionados co mar e a navegación, e planos e deseños dun barco soñado por un pintor. A muller que o ama toca o violoncello na terraza fronte ao mar. A música convoca un fato de grandes cetáceos que se aproximan á casa. No entanto, o pintor vai de mariñeiro nun pesqueiro. Cando se desencadea unha treboada e unha onda xigantesca afunde a embarcación, a muller, na soidade da casa, intúe e presaxia a traxedia... Velaquí un adianto. O domingo 28 de xaneiro non ganou o Premio Goya a mellor longametraxe de animación que levou Pérez, o ratiño dos teus sonos da produtora galega Filmax. De profundis presenta unha gran novidade ao proceder as imaxes de pinturas en óleo. 

06/01/2007 16:01 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura No hay comentarios. Comentar.

21/12/2006

Viaxe cultural a Santiago de Compostela e á Coruña

20061222190242-santiago-cubiertas-catedral-2003-10-06-062.jpgO alumnado de 2º de bacharelato do IES García Barbón vai realizar o mércores 10 de xaneiro unha viaxe a Santiago de Compostela e á Coruña. Esta viaxe está organizada polos Seminarios de Historia e de Lingua e Literatura Galega. Pola mañá en Santiago faremos unha visita guiada ás cubertas da catedral. Pola tarde na Coruña poderemos visitar a exposición que hai na Fundación Caixa Galicia sobre a Real Academia Galega con motivo do seu centenario.
21/12/2006 18:05 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]