Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2007.
04/05/2007
NOELIA SALGUEIRO 2º PREMIO DE NARRACIÓN DOS XXXV PREMIOS MINERVA

16/05/2007
PREMIO DE MELLOR PANCARTA DO CORRELINGUA

O 9 de maio o alumnado de 1º de bacharelato participou no Correlingua en Ourense. Esta actividade é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Cada grupo elaborou unha pancarta onde había referencias á situación do galego e reivindicábase o seu uso. unha delas, a elaborada polo alumnado de 1ºC resultou gañadora do concurso de pancartas. O lema era: "A nosa maxia, a nosa lingua. Galegade con nós" onde se transmite a idea do uso da lingua galega como sinal de identidade.
Pola tarde realizamos unha visita á Casa Museo de Otero Pedraio, en Trasalba.
18/05/2007
ANDAINA 2007
Dentro das diferentes actividades que realizamos para celebrar o Día das Letras destaca a Andaina. A Andaina é unha actividade na que participa toda a comunidade educativa. Este ano realizouse o 16 de maio e fomos até Castrelo do Val. Alí, en plena natureza, o alumnado realizou un recital das poesías máis representativas de María Mariño, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras. Despois para rematar a xornada participamos en diferentes xogos.

