Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2007.

07/03/2007

HISTORIA DA LINGUA

07/03/2007 18:36 Autor: monicagalego. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

14/03/2007

O CONTACONTOS, CELSO SANMARTÍN ESTARÁ NO IES GARCÍA BARBÓN O 20 DE ABRIL

 

 

 

 

Dentro do proxecto de Ponte nas ondas no que participa o noso instituto unha das actividades é a presenza dun contacontos. Celso Sanmartín transmitiralle ao alumnado as técnicas e os recursos dos contos e das narracións tradicionais, o léxico, os temas e os rexistros da literatura oral. 

14/03/2007 19:29 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: ENL No hay comentarios. Comentar.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS O 25 DE MARZO

20070314200815-logo-ies.jpg

O IES García Barbón permanecerá aberto o 25 de marzo. Dentro da programación hai diferentes actividades que reflicten o traballo dos departamentos do centro. Durante todo o día poderase participar en obradoiros sobre Internet, proxectos empresariais ou de aspectos relacionados coa saúde.

Tamén haberá exposicións permanentes sobre a iconografía das grandes relixións, as imaxes do mundo clásico: Grecia e Roma, sobre os libros galegos e sobre maquetas, circuítos e máquinas. Ademais poderase ver a película Orgullo e PreXuízo (Pride and prejudice, 2005) en versión orixinal.

Con esta iniciativa preténdese achegar o centro de ensino a toda a sociedade, sobre todo á de Verín e zonas próximas, á que animamos a que se nos visiten ese día.

14/03/2007 20:08 Autor: monicagalego. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

21/03/2007

MARÍA MARIÑO, LETRAS GALEGAS 2007

20070321192242-images.jpgMaría Mariño Carou (Noia, 1907-Parada do Courel,1967). En vida publicou unha única obra Palabra no tempo (1963). O poemario Verba que comeza publicouse postumamente en 1990. A súa poética caracterízase por unha temática intimista e unha linguaxe rupturista. O feito de dedicarlle este ano o Día das Letras Galegas fai que coñezamos mellor esta figura da literatura galega en parte ignorada até o momento. Son moitas as entidades que teñen apartados dedicados á autora homenaxeada. Na Biblioteca Virtual Galega podemos coñecer máis sobre a súa vida e a súa obra.
21/03/2007 19:22 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura Hay 1 comentario.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2007

20070321194707-manifesto.jpgO 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía. O escritor Fran Alonso fixo un manifesto no que recolle 5 motivos para ler poesía. Desde aquí querémosvos animar á lectura de poesía galega durante todo o ano. 
21/03/2007 19:47 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura No hay comentarios. Comentar.

IMAXE DE POETAS

20070321202252-cartel.jpgA Asociación de Escritores en Lingua Galega presentou hoxe coincidindo co Día Mundial da Poesía unha campaña coa que pretenden divulgar a imaxe de poetas galegas/os. 
21/03/2007 20:22 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura Hay 1 comentario.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]