Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2007.

06/01/2007

Kiko da Silva no IES García Barbón

20070411175912-o-pais-da-banda-desenada-por-kiko-da-silva.jpgO pasado venres 26 de xaneiro o autor de banda deseñada Kiko da Silva estivo no noso centro. Fixo un percorrido pola evolución da banda deseñada. É importante que a lingua galega estea presente na banda deseñada sobre todo porque sería unha maneira de achegar o galego á xente nova. Mostrounos as súas grandes habilidades no debuxo.
06/01/2007 14:03 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: ENL No hay comentarios. Comentar.

De profundis, de Miguelanxo Prado

20070106162415-de-profundis.jpg

Esta longametraxe é a primeira que dirixe Miguelanxo Prado e que conta coa música de Nani García. Estréase o 19 de xaneiro. Unha casa no medio do mar está ateigada de obxectos relacionados co mar e a navegación, e planos e deseños dun barco soñado por un pintor. A muller que o ama toca o violoncello na terraza fronte ao mar. A música convoca un fato de grandes cetáceos que se aproximan á casa. No entanto, o pintor vai de mariñeiro nun pesqueiro. Cando se desencadea unha treboada e unha onda xigantesca afunde a embarcación, a muller, na soidade da casa, intúe e presaxia a traxedia... Velaquí un adianto. O domingo 28 de xaneiro non ganou o Premio Goya a mellor longametraxe de animación que levou Pérez, o ratiño dos teus sonos da produtora galega Filmax. De profundis presenta unha gran novidade ao proceder as imaxes de pinturas en óleo. 

06/01/2007 16:01 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura No hay comentarios. Comentar.

31/01/2007

Galiza, a forza da palabra

20070131190946-mainadvice-gl.jpg.gifA exposición que con motivo do centenario da RAG se pode visitar na Coruña até o 16 de febreiro na Fundación Caixa Galicia ten a visita guiada en castelán a través do bluetooth. É paradoxal que unha mostra que recolle as esencias da nosa identidade, entre elas a lingua, non a use. Sorprende que aconteza isto e aínda máis que a Real Academia Galega o permita.

Música galega

20070304134117-cunchas.jpg

A Consellaría de Cultura e Deporte creou unha plataforma para coñecer e difundir a creación de música galega no exterior. Nesta páxina de Internet podedes buscar todos os grupos de música. Chámase Galician tunes .

31/01/2007 19:25 Autor: monicagalego. Enlace permanente. Tema: Cultura No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]