ANDAINA 2007
Dentro das diferentes actividades que realizamos para celebrar o Día das Letras destaca a Andaina. A Andaina é unha actividade na que participa toda a comunidade educativa. Este ano realizouse o 16 de maio e fomos até Castrelo do Val. Alí, en plena natureza, o alumnado realizou un recital das poesías máis representativas de María Mariño, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras. Despois para rematar a xornada participamos en diferentes xogos.18/05/2007 23:02


