XORNADA DE PORTAS ABERTAS O 25 DE MARZO

O IES García Barbón permanecerá aberto o 25 de marzo. Dentro da programación hai diferentes actividades que reflicten o traballo dos departamentos do centro. Durante todo o día poderase participar en obradoiros sobre Internet, proxectos empresariais ou de aspectos relacionados coa saúde.
Tamén haberá exposicións permanentes sobre a iconografía das grandes relixións, as imaxes do mundo clásico: Grecia e Roma, sobre os libros galegos e sobre maquetas, circuítos e máquinas. Ademais poderase ver a película Orgullo e PreXuízo (Pride and prejudice, 2005) en versión orixinal.
Con esta iniciativa preténdese achegar o centro de ensino a toda a sociedade, sobre todo á de Verín e zonas próximas, á que animamos a que se nos visiten ese día.


