Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2006.
14/12/2006
Recollida da tradición oral
Toda a información sobre o concurso de recollida da tradición oral e sobre o proxecto Ponte nas ondas. Parécenos unha idea moi interesante que vai contribuír á conservación do noso patrimonio inmaterial. Ademais na zona de Verín moitas das historias e contos que a xente máis vella conta teñen que ver coa relación entre os galegos e os portugueses. A tradición é fundamental para calquera pobo por iso debemos facer todo o posíbel por conservala.Correlingua 2007
"Libro aberto"
O programa "Libro aberto" da TVG é un espazo no que cada semana nos presentan novidades da literatura. O lamentábel é o horario no que se emite que fai case imposíbel velo. No mes de novembro entrevistaron ao responsábel da Editora Rinoceronte. Rinoceronte é un proxecto moi interesante non só pola importancia de traduciren ao galego obras universais contemporáneas senón tamén por editar uns libros moi coidados tipograficamente.
21/12/2006
Viaxe cultural a Santiago de Compostela e á Coruña
O alumnado de 2º de bacharelato do IES García Barbón vai realizar o mércores 10 de xaneiro unha viaxe a Santiago de Compostela e á Coruña. Esta viaxe está organizada polos Seminarios de Historia e de Lingua e Literatura Galega. Pola mañá en Santiago faremos unha visita guiada ás cubertas da catedral. Pola tarde na Coruña poderemos visitar a exposición que hai na Fundación Caixa Galicia sobre a Real Academia Galega con motivo do seu centenario.22/12/2006
Premios literarios do IES García Barbón

O Concurso literario que organizou o Equipo de Normalización Lingüística do IES García Barbón xa ten gañadoras. Nesta ocasión, de todas as persoas que presentaron relatos ou poesías, as alumnas que levaron o primeiro e segundo premio son Noelia Salgueiro López e Beatriz Losada Veiga, as dúas estudantes de 2º de bacharelato.
O xurado á hora de tomar a decisión valorou que o relato gañador do primeiro premio "Finisterrae" de Noelia Salgueiro López posuía unha gran riqueza lingüística. Velaquí
O relato "Galicia morreu", segundo premio literario, de Beatriz Losada Veiga caracterízase por un gran sentimentalismo ante os problemas actuais. Velaquí
Toda a información sobre o 

